Deputación de Lugo
Turismo

Rosa Cedrón no VIII Festival Aturuxo de Ourol, que conta co apoio da Deputación

Rosa Cedrón
Festival Aturuxo
Ourol
Rosa Cedrón no VIII Festival Aturuxo de Ourol, que conta co apoio da Deputación
Vidal Baamonde, Pajón Camba e Rivera Vidal presentaron esta nova cita que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, que terá lugar os días 19 e 20 de xullo no entorno da Igrexa de Santiago de Bravos, e que cada ano atrae máis visitantes

Rosa Cedrón, Collón de Lola, Zënzar e o Som do Galpom son os artistas que actúan nesta nova edición. Ademais haberá cea popular, foliada libre, acampada gratuíta, xogos populares, artesanía e moita diversión para todos os participantes

Haberá autobús gratuíto dende a Estación de Autobuses de Viveiro a Ourol, que realizará paradas ao longo do percorrido, para poder participar neste evento

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e as representantes da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Carmen Rivera Vidal e Carmen Seijas Lamelas presentaron este xoves nos Xardíns do Pazo de San Marcos, o VIII Festival Aturuxo, que terá lugar os días 19 e 20 de xullo na parroquia de Santiago de Bravos en Ourol. Esta nova cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, e que conta apoio da Deputación e do Concello.

Vidal Baamonde remarcou que “esta nova edición conta cun programa de primeiro nivel, con artistas como Rosa Cedrón, Collón de Lola, Zënzar e o Som do Galpom. Todas e cada unha destas actuacións son un verdadeiro referente da nosa música tradicional galega, por iso, para nós, é un autentico privilexio participar e colaborar na promoción deste  Festival que promove a nosa cultura”, sinalou.

“Durante estas dúas xornadas o Concello de Ourol convertese nun pequeno epicentro da nosa música, dos nosos sons e das nosas tradicións. Ademais, todos os participantes poderán compartir a cea popular, foliada libre, acampada gratuíta, xogos populares, autobuses gratuítos para desprazarse a Ourol e moita diversión para todos os asistentes”, avanzou o Deputado.

Pajón Camba agradeceu a implicación da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos na organización de eventos ao longo de todo o ano, “son unha organización moi activa e comprometida con Ourol”. E convidou a “todos os visitantes a achegarse a Ourol para coñecer todo o entorno da parroquia de Bravos, un lugar que conta con moita tradición e con moita historia no noso Concello, e ao mesmo tempo, que aproveiten para desfrutar dunha evento musical único, para pasar en familia, como neste caso é este Festival”.

Pola súa banda a Presidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Carmen Rivera Vidal, agradeceu ao Concello e a Deputación o seu apoio a este evento. “Si queremos que o rural non esmoreza, hai que apoialo”, dixo. Remarcou que o Festival deste ano, que xa vai pola 8º edición, conta coa cunha nova festa dos xogos interxeneracionais, e ademais, este ano como novidade haberá artesanía”.

Programa


A VIII edición do Festival Auturuxo comezará o venres dia 19 de xullo ás 21.00 horas coa actuación de Farrapos de Ghaita. Tamén haberá unha cea con paella, xamón cocido e bocadillos, e para rematar esta xornada, celebrarase unha gran foliada libre.  O sábado día 20, comeza o VIII Festival Folk Aturuxo ás 13.30 horas coa sesión vermú co cuarteto Illa Pancha que dará paso á comida a prezos populares. Ás 16.00 horas comezarán os xogos tradicionais interxeneracionais e de auga. Ás 18.00 horas haberá diversión a cargo de Pakolas e durante a tarde Laura Romeu estará pintado e expoñendo. Ás 21.30 horas comezarán os concertos de: Rosa Cedrón, Collón de Lola, Zënzar  e o Som do Galpom. Haberá autobús gratuíto dende a Estación de Autobuses de Viveiro a Ourol, que realizará paradas ao longo do percorrido, para poder participar neste evento.