O Pazo de Tor acollerá unha conferencia sobre as orixes medievais do viño na Ribeira Sacra
![Pazo de Tor Pazo de Tor](/sites/deputacionlugo.org/files/2019-11/_MG_1226.jpg)
O medievalista Víctor Rodríguez Muñíz impartirá o relatorio, incluído no ciclo divulgativo 'do Viño 2019' co que colabora a Rede Museística da Deputación
Lugo, 20 de novembro de 2019.- A Rede Museística da Deputación, colabora co Museo do Viño de Galicia na organización dunha das charlas do ciclo divulgativo do Viño 2019 que se celebrará o vindeiro venres, 22 de novembro, ás 19:00 horas no Museo Pazo de Tor. A entrada é libre ata completar aforo.
Na conferencia, o doutorando da Universidade de Vigo, Víctor Rodríguez Muñíz presentará probas documentais sobre a orixe da viticultura na Ribeira Sacra durante a Idade Media, unha práctica vencellada ás doazóns e herdanzas de terreos que os fieis legaban a Igrexa e que os mosteiros dedicaron á produción vitícola.