Cultura
Deputación de Lugo

A área de Cultura financia melloras na igrexa vella de Muimenta, que acolle as actividades programadas polas asociacións locais

IGREXA VELLA MUIMENTA
XOTRAMU
ÁREA DE CULTURA
Maite Ferreiro
A Xunta de Goberno aprobou a concesión dunha achega de 25.000 euros para equipar a sala de exposicións e instalar calefacción no edificio

A área de Cultura financia melloras na igrexa vella de Muimenta,  habilitada como espazo cultural polas asociacións locais.  A Xunta de Goberno aprobou este venres a concesión dunha achega de 25.000 euros para colaborar na reforma proposta pola Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu).

As actuacións inclúen o equipamento da sala de exposicións e actuacións culturais e a instalación un sistema de calefacción no edificio, que acolle o Museo da Zoca.

A área de Cultura atende así unha demanda do asociacionismo local que implicou a toda a veciñanza na rehabilitación da igrexa e da súa contorna, incluída a antiga escola unitaria ubicada a carón da igrexa que desde 2012 acolle o Museo Pedagóxico.

As actuacións previstas permitirán que a igrexa vella, que durante o verán acolle todas as actividades programadas polas asociacións, poida ser empregado con esa mesma finalidade tamén durante o inverno.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, eloxiou o dinamismo do tecido asociativo de Muimenta que “traballan para que a xente manteña as súas raíces alí e non teña necesidade de marchar a cidades ou vilas máis grandes para ter acceso a actividades culturais”.