Cheo na presentación de “Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960-1980”
Lugo, 27 de febreiro de 2020.- A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos encheuse esta tarde para a presentación do volume “Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960-1980”, publicado pola editorial Canela coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.
O libro, con prólogos de Ramón Montesinos e Eduardo Ochoa, presente tamén na presentación, recolle 198 imaxes, “seleccionadas entre máis de 8.000 negativos”, como sinalou no editor Pablo Quintana. “Á hora de imprimilas”, engadiu, “buscamos a mellor calidade e aproximarnos o máis posible a estética e estilo de Carlos Valcárcel cando revelaba os negativos no cuarto de baño e positivaba en papel antes da chegada das tecnoloxías dixitais”.
A obra forma parte da colección “Imaxes dun país” da que xa se publicaron “Aldeas sen voz” de Vicente Ansola e “A idade de ferro” de José M. Salgado.