Cultura
Deputación de Lugo

Un recital poético con voces de 22 autores e autoras celebrou a Rosalía no Salón de Actos da Deputación de Lugo

MES DE ROSALÍA
RECITAL POÉTICO
ÁREA DE CULTURA
Maite Ferreiro
MONTSERRAT GONZÁLEZ
PALOMA SUANZES
A programación cultural arredor de Rosalía de Castro continúa ao longo do mes de marzo con música, teatro, graffiti e proxeccións audiovisuais

O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu este venres o acto poético musical Día de Rosalía: entre versos e adagios, unha das actividades incluídas na programación Mes de Rosalía que a área de Cultura organiza arredor do aniversario do nacemento da poeta de Padrón.

O recital reuniu 22 poetas que puxeron voz a outros tantos poemas e textos de  Rosalía de Castro, ademais de declamar versos de creación propia, elexidos pola súa relación temática coa obra da autora de “Cantares Galegos” ou “Follas Novas” ou por estaren inspirados na súa figura.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, abriu o acto cunha intervención na que subliñou a transcendencia da obra rosaliana para o devir das letras e da cultura galega e tamén a actualidade das temáticas que aborda.

O acto, conducido por Montserrat González, responsable do Servizo de Normalización Linguística da Deputación de Lugo, contou coa música da cantautora Paloma Suanzes.

Poetas

Interviron no acto Xosé Otero, Tareixa Campo, Adela Figueroa, Ana Mar Fraga, Ana Gamallo, Fernando García, Ánxela Gracián, Chelo Gayoso, Paco Ledo, Dulce María López, Emilia Martínez, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Toño Núñez, Conchita Paz, Luisa Paz, José Pedreira, Ana Rey, Isabel Rodríguez, Xosé Carlos Ulloa e Branca Villar.

Mes de Rosalía

A programación cultural en homenaxe a Rosalía de Castro continúa durante o mes de marzo. As citas máis inmediatas son a vindeira fin de semana. O venres 6, ás 18:00 horas, o Salón de Actos acollerá un espectáculo de cultura urbana en que se mesturará o graffiti de Otro Prisma, a música de García MC e proxeccións de vídeos realizados polo alumnado de centros educativos da provincia arredor da poeta de Padrón.

O sábado 7, no mesmo escenario, a compañía Os Quinquilláns reprentará, tamén ás 18:00 horas, a obra "A pluma viva de Rosalía".

O domingo 8 de marzo, Faia, fundadora e integrante de The Vacas, ofrecéra un concerto no que interpertará temas do seu traballo en solitario "Ao cabo leirín"