Cultura
Deputación de Lugo

A Rede Museística participa en encontros virtuais sobre inclusión

REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
ENCARNA LAGO
Rede Museística
A mesa de diálogo, que leva por título Museos pola igualdade: reflexións sobre
diversidade e inclusión no museo; está organizada polo Museo Nacional de Arte de México en colaboración co Centro Cultural de España en México.

Lugo, 27 de maio de 2020.- Representantes da Rede Museística Provincial participan, este mércores, en dous encontros virtuais para reflexionar sobre as problemáticas sociais que se lles presentan aos museos nestes tempos de incerteza.

A xerente da Rede, Encarna Lago, intervirá nunha mesa de diálogo organizada polo Museo Nacional de Arte de México, en colaboración co Centro Cultural de España en México, xunto con ela tamén estará Ángeles Miguélez, educadora da Rede.

Este encontro forma parte da programación organizada ao redor do Día dos Museos, que este ano reflexiona sobre a diversidade e a inclusión, e leva como título Museos pola igualdade: reflexións sobre diversidade e inclusión no museo. 

Por outra banda a Rede Museística tamén participará na reunión organizada polo Comité
Permanente do Congreso Internacional de Educación e Accesibilidade en Museos e Patrimonio
na que se debaterá sobre a accesibilidade e a inclusión tras a crise da COVID-19. 

A participación da Rede Museística neste tipo de encontros foi habitual durante os últimos meses, consolidándose como un referente no traballo de creación de museos como espazos sociais, abertos e inclusivos, unha consideración que vai máis alá das nosas fronteiras.