Abre o prazo para que grupos de música tradicional, bandas e corais se inscriban no Musiqueando

Este mércores comeza o prazo para que os grupos tradicionais, corais e bandas con residencia ou sede social na provincia se inscriban no programa Musiqueando da área de Cultura. O prazo, de 10 días hábiles, permanecerá aberto ata o día 25 de agosto.
Unha vez se peche o prazo de inscrición para as agrupacións musicais, a área de Cultura ofrecerá o catálogo de actuacións a asociacións e concellos que, a diferenza das últimas convocatorias, poderán solicitalas sen custo. A área de Cultura asume o cento por cento do importe para facilitar a concertación e ampliar a oferta cultural en todo o territorio da provincia.
A convocatoria establece que, no caso de que as circunstancias sanitarias impidan celebrar as actuacións concertadas ao vivo, os grupos teñen a opción de facer unha gravación audiovisual que a área de Cultura difundirá a través das súas canles dixitais.
Podes consultar as bases da convocatoria e acceder aos modelos de solicitude neste enlace.