Cultura
Deputación de Lugo

Maite Ferreiro agradece o “empeño das librarías por achegar os libros ás rúas” na inauguración da Feira do Libro de Foz

Feira do libro
Foz
Maite Ferreiro
Feira do Libro de Foz
A vicepresidenta da Deputación participou na apertura da feira, que conta cunha caseta do Servizo de Publicacións da Deputación

Lugo, 20 de agosto de 2020.-  A vicepresidenta Maite Ferreiro participou esta tarde na inauguración da Feira do Libro de Foz, organizada polo Federación de Libreiras e Libreiros de Galiza coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo, do Concello de Foz e da Xuna de Galicia.

Na súa intervención, Maite Ferreiro valorou o “empeño e interese das librarías en buscar solucións imaxinativas para seguir mantendo estas feiras” e “achegar os libros ás rúas e prazas das vilas e cidades de Galiza”

Caseta do Servizo de Publicacións

O Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo conta coa súa propia caseta na feira, na que participan as librarías Bahía, Aenea, Padre Feijoo e Cortizas. O posto é un escaparate para as publicacións que edita o servizo,  centradas en temas de interese provincial que pasan esencialmente pola historia, a xeografía, a etnografía, a arte, os estudos literarios, a arqueoloxía, o turismo, o patrimonio cultural material e inmaterial e a divulgación das actividades e estudos xerados polos centros culturais  da institución como os museos provinciais.

“A memoria mergullada. Fotografías de Portomarín 1952-1963” de José López López; “Cervantes, un concello con historia” de Pilar Carpente e Xabier Moure ou “Aldeas e vales da Serra de Ancares. O territorio desde dentro” de Vanessa Fernández son algúns dos últimos traballos editados polo Servizo de Publicacións.