Cultura
Deputación de Lugo

Primeira xornada do autocine no aparcadoiro do Pazo dos Deportes, cheo para as proxeccións de ET e A praia dos afogados

Autocine
ÁREA DE CULTURA

As proxeccións de E.T. e A praia dos afogados inauguraron esta tarde o autocine promovido pola área de Cultura, que encheu o aparcadoiro do Pazo Provincial dos Deportes de Lugo cun centenar de vehículos. O público puido ver os filmes nunha pantalla Led de 24 metros cadrados e recibir o son no equipo do coche, a través de FM.

Mañá proxectaranse, no mesmo lugar, Pérez 2  (17.00 horas) e Pulp Fiction (19:15 horas).  O domingo, o autocine estará en Sarria, a carón do Campo da Ribela, onde se poderán ver Os Goonies ( 17.00 horas) e Gran Torino (19:45 horas).

As inscricións poden realizarse a través dunha ligazón dispoñible na web cultura.deputacionlugo.gal e tamén nas redes sociais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.