Badaladas por mulleres: música tradicional e danza contemporánea únense para lanzar unha mensaxe contra a violencia de xénero
A sala de exposicions do Pazo de San Marcos acolleu esta tarde unha performance na que música tradicional e danza contemporánea confluíron para chamar á reflexión sobre os mecanismos de normalización das violencias machistas e das desigualdades entre homes e mulleres.
No espectáculo, coordinado por Branca Villares, o coro de canto tradicional e percusión da Tradescola, acompañado polos músicos Pablo Pintor e Alis Martínez e polos bailaríns de Colectivo Glovo, interpretou pezas do cancioneiro tradicional e popular que “poden supoñer apoloxia da violencia contra as mulleres ou que dalgún xeito contribuén a perpetuala e a normalizala”.
“Non consiste en censurar nin xulgar o patrimonio herdado senon de promover unha reflexión conxunta e continuada sobre os contextos nos que esta cantigas xurdiron e nos que hoxe os interpretamos”, explica Branca Villares sobre o espectáculo, co título “Badaladas por mulleres”. A performance pon en escena o resultado das labores de revisión do cancioneiro tradicional que a mestra de música tradicional ven desenvolvendo nas súas aulas, nas distintas comarcas, nos últimos catro anos.
Na presentacion do acto, a vicepresidenta Maite Ferreiro sinalou que a produción cultural con perspectiva de xénero xoga un papel moi importante na sensibilización fronte ás violencias machistas e tamén na súa prevención”, explicou a vicepresidenta Maite Ferreiro, que insistiu na necesidade de abordar esta problemática dun “xeito transversal e entendendo que se trata dunha problemática estrutural. Compre afondar nas súas raíces para dar coas claves que nos permitan avanzar cara a igualdade”.