Cultura
Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle a mostra “Prova” de Patrícia Barbosa, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

PATRÍCIA BARBOSA
PREMIO GALICA FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA
OUTONO FOTOGRÁFICO
vicepresidencia

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle ata o 31 de xaneiro a mostra “Prova” da fotógrafa portuguesa Patrícia Barbosa, gañadora da oitava edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

A mostra xurde de fotografías e documentación relacionada coas guerras coloniais portuguesas e propón unha reflexión “sobre o valor da imaxe fotográfica como proba e sobre o seu potencial como proxección de ideas preconcebidas”.

O xurado do premio destacou do proxecto “a novidade de tratar a descolonización desde un punto de vista familiar e desde unha perspectiva portuguesa, temática e enfoques pouco frecuentes”

Lugo convértese así un ano máis na primeira cidade na que se pode ver a mostra gañadora do certame, organizado por Outono Fotográfico coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.  Permanecerá aberta de 10.30 horas a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas de luns  a venres; sábados,  10.30 horas a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas; e domingos, de 11.00 a 14.00 horas.

 A exposición iniciará despois unha itinerancia por diferentes localidades de Galiza e Portugal.