Cultura Deputación de Lugo

CONTACONTOS DE FÁTIMA FERNÁNDEZ NO INCIO

 

Local Social de Vila de Mouros

 

A narradora Fátima Fernández leva a esta parroquia do Incio “Kikiriki Cocorico”, unha sesión de contos na que os protagonista son animais que non actúan como se lles presupón: un porquiño que quere papar ao lobo, galos que poñen ovos, ratiños que buscan a primavera... E todo aderezado con cantigas, sustos e risas.