Cultura Deputación de Lugo

ALENTÍA TEATRO REPRESENTA "TECEDORAS DE SOÑOS" EN CASTROVERDE

Praza do Concello

 

A compañía Alentía Teatro representa a obra “Tecedoras de soños”, un espectáculo que dramatiza varios contos relatados por avoas, nais, escritoras, mozas, nenas… nos que a lectura se presenta como unha ferramenta impulsora de valores como a solidariedade, o traballo en grupo, o respecto ao medio ambiente, a igualdade de xénero ou a cultura da paz.