Cultura
Deputación de Lugo

Máis de 100 persoas participaron nas xornadas sobre o Reino Suevo organizadas polo Museo de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
MUSEO DE LUGO
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
DIVULGACIÓN CIENTRÍFICA
patrimonio
REINO SUEVO

O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu este venres as IV Xornadas de Divulgación do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, centradas na cultura material do Reino Suevo. Máis de 100 persoas seguiron de forma presencial e en liña os relatorios e a mesa redonda que se desenvolveron durante a mañá no Auditorio do Pazo de San Marcos, impartidas por Carlos Baliñas Pérez, doutor en Historia Medieval e profesor da USC no Campus de Lugo, Pablo Núñez Meneses, doutor en Historia Medieval e especialista en numismática, Ana Goy Diz, catedrática da USC e especialista no eremitismo dos vales do Miño e do Sil durante a Alta Idade Media, Jorge López Quiroga, doutor en Historia Medieval  e profesor da UAM, Natalia Figueiras Pimentel, historiadora da arte, conservadora e restauradora da UCM, ademais de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.

Na xornada de tarde, as persoas participantes realizaron unha visita á exposición divulgativa sobre a cultura material de tradición xermánica conservada no Museo Provincial de Lugo, que permanecerá na Sección de Arqueoloxía durante os meses de xuño e xullo.