Máis dun cento de rapaces e rapazas participan no Campus Álex Llorca, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización do Campus Álex Llorca, que se está a desenvolver durante esta semana no Pazo dos Deportes.
Máis dun cento de rapazas e rapaces de Galiza e doutros puntos do Estado como Madrid, Barcelona ou Tenerife están a mellorar a súa formación en baloncesto da man do que fóra xogador do CB Breogán Álex Llorca e da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, que organiza a actividade.
O deputado de Deportes Efrén Castro achegouse ao Pazo para saudar as rapazas e rapaces que, ademais das sesións formativas centradas en mellorar as súas capacidaes físicas, técnicas e tácticas, desfrutarán de propostas de ocio e visitas á cidade de Lugo.