A Vicepresidencia colaborou na edición do “Cancioneiro da Ribeira de Piquín”, que compila 200 cantares tradicionais do concello ribeirego e da contorna
Maite Ferreiro asistiu á presentación do “Cancioneiro da Ribeira de Piquín”, unha publicación da Editorial Canela na que Noemí García Rodríguez e Xosé Manuel Sánchez Rei compilan máis de 200 cantares tradicionais recollido no concello e na súa contorna.
A vicepresidenta da Deputación puxo en valor “o traballo científico da autora e autor, que contan cunha ampla traxectoria no estudo e difusión do cancioneiro galego de tradición oral, unha parte especialmente significativa e valiosa do rico patrimonio etnográfico galego de carácter inmaterial” e o da editorial que "
Ademais de recoller os textos, a obra, editada coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúe un completo estudo introdutorio, lingüístico e histórico, no que se analiza o tipo das cantigas, a simboloxía o valor da língua ou a transmisión desta lírica tradicional de xeración en xeración.
Nese senso, na presentación, na que tamén participou o construtor de gaitas Álvaro Seivane, moi vinculado ao concello ribeirego, e o alcalde Roberto Fernández, Maite Ferreiro manifestou o compromiso da área de Cultura coa edición e difusión de materiais etnográficos galegos, como ferramenta para conservar e transmitir este patrimonio.
Unha labor na que, lembrou, teñen destacado distintas persoas vinculadas a Ribeira de Piquín, como o filólogo e lexicógrafo Aníbal Otero, un verdadeiro precursor na recollida e estudo do romanceiro galego de tradición oral e autor do imprescindible "Vocabulario de San Xurxo de Piquín"; a familia Seivane , que espallou os seus instrumentos por Galiza e polo mundo; ou o violinista e cantor cego Florencio dos Vilares.