Cultura
Deputación de Lugo

Visita aos alumnos e alumnas que participan no curso de deseño de permacultura en Arqueixal, en Palas de Rei

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
EFRÉN CASTRO
PERMACULTURA
ARQUEIXAL
Desenvolvemento Sostible

O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro achegouse ata o complexo  de agroturismo Arqueixal, en Palas de Rei, para interesarse pola marcha do curso de deseño en permacultura que se está desenvolver desde o pasado 13 de setembro co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Unha formación pioneira na que participan vintecinco persoas de distintos puntos de Galiza interesadas na aprendizaxe das técnicas permaculturais, que procuran o aproveitamento dos recursos naturais para un desenvolvemento sostible e rexenerativo.

Durante o proceso de aprendizaxe, que procura fornecer de ferrramentas para desenvolver proxectos propios, os alumnos e alumnas deseñaron un sistema de agrofloresta, no que se combinan distintas especies de plantas para recuperar terras degradas, bancais que facilitan o aproveitamento da auga e dos nutrintes da terra para o crecemento de verduras e hortalizas e un estanque que aproveitará augas pluviais.