Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Maite Ferreiro animou á rapazada “a seguir falando galego” na festa final do Correlingua en Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACION LUGO
Maite Ferreiro
correlingua
GALEGO

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro asistiu este mediodía a festa do Correlingua, que reuniu no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo máis de 400 alumnas e alumnos de centros educativos do CEE Santa María,  do IES Ánxel Fole, od IES Sanxillao e do IES NªSª dos Ollos Grandes de Lugo,  do CPI de Cervantes, do CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel), do CPI Virxe do Monte (Cospeito), do CPI Luís Díaz Moreno (Baralla) e do EEI Xela Arias (Sarria).

Unha xornada festiva, con humor e música en galego, a cargo do cómico Fran Rei e da banda Pauliña, coa que concluíu o programa do Correlingua 2022, que contou un ano máis coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Na liña do manifesto que aglutinou as actividades e festas desta edición, co lema “Fálame”, Maite Ferreiro trasladou á rapazada “a importancia do seu compromiso co uso do galego e animounos a seguir falando unha lingua que nos permite entendernos con millóns de persoas en todo o mundo”. Tamén agradeceu “a colaboración do profesorado para celebrar esta gran festa da lingua”.

Organizado pola Asociación Correlingua, coa participación da Mesa pola Normalización Linguística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, o Correlingua propuxo desde o pasado maio diferentes actividades para dinamizar o uso da lingua na comunidade educativa, levando concertos, obradoiros, regueifas e outras actividades lúdicas a centros escolares e diferentes espazos públicos de todo o país. A outra gran festa na provincia celebrouse o pasado 5 de outubro, en Viveiro, coa participación de centros da comarca da Mariña.