Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo

O Certame de Teatro Amador ConVida no Rural de Barreiros concluíu coa entrega de premios ás mellores obras e interpretacións

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
teatro amador
CONVIDA NO RURAL
Barreiros
OLLOMAO
Mónica Freire asistiu á gala de peche do certame, que contou con financiamento de Medio Rural da Deputación de Lugo

 

A deputada Mónica Freire asistiu este domingo a gala final do I Certame de Teatro Amador ConVida no Rural, organizado polo Concello de Barreiros e o Colectivo Cultura Ollomao coa colaboración da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Durante o acto, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, premiáronse as mellores interpretacións e obras entre as oito montaxes de compañías de Galiza, Burgos e Madrid, que se programaron ao longo do mes de outubro no marco do certame:

- PREMIO MELLOR ACTRIZ DE REPARTO:
   - Yolanda Lozano (O aturuxo de Melpómene)
- PREMIO MELLOR ACTOR DE REPARTO:
    - Xoán Padín (O Aturuxo de Melpómene)
- PREMIO MELLOR ACTRIZ PRINCIPAL:
    - Cristina Hipólito e Laura de la Torre (A Cholón)
 - PREMIO MELLOR ACTOR PRINCIPAL:
    - Ramón Ángel Ares (A Adala)
- PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO
     - Vivan os noivos (A Adala)
- SEGUNDO PREMIO MELLOR OBRA:
     - A pena do cú do mundo (O aturuxo de Melpómene)
- PREMIO MELLOR OBRA:
    - El lazarillo de Tormes (El duende de Lerma)
    
Mónica Freire valorou a iniciativa como “unha aposta valente pola cultura, que é parte fundamental do rural vivo e dinámico que queremos” e destacou o papel das compañías de teatro amador na dinamización cultural do rural, incidindo “no seu carácter interxeneracional” e “na oportunidade que ofrecen ás persoas con inquedanzas artísticas para desenvolver a súa creatividade”. 

A gala concluíu coa representación da obra “O documento” do Colectivo Cultural Ollomao.