Maite Ferreiro asiste á entrega do Premio Otero Pedrayo, que distinguiu ao investigador Ángel Carracedo

VICEPRESIDENICA DEPUTACÍON LUGO
cultura
Maite Ferreiro
PREMIO OTERO PEDRAYO
ÁNGEL CARRACEDO

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro asistiu este xoves á entrega do Premio Otero Pedrayo ao investigador Ángel Carracedo, nun acto celebrado no Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña

O galardón, promovido polas deputacións provinciais coa colaboración da Xunta de Galicia, recoñece cada ano as achegas máis valiosas á cultura e ao coñecemento.

Ángel Carracedo, considerado un dos mellores xenetistas a nivel internacional, é o primeiro científico en recibir o premio. O xurado recoñeceu a súa traxectoria médica e científica, centrada na xenética do cancro, as enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica.