Cultura
Deputación de Lugo

Maite Ferreiro asistiu á presentación da segunda entrega de Nós tamén temos historia, proxecto editorial do IES Lucus Augusti

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Maite Ferreiro
SERVIZO DE PUBLICACIÓNS
IES Lucus Augusti
NOS TAMÉN TEMOS HISTORIA

 A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro asistiu esta tarde á presentación do libro “Nós tamén temos historia”, que recolle traballos realizados por alumnado do IES Lucus Augusti e que foi editado coa colaboración do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

O libro recompila historias rescatadas por alumnos e alumnas da memoria familiar, ligadas a distintos momentos históricos, a maioría delas referenciadas no golpe de Estado do 36, na Guerra Civil Española e na Ditadura.

A publicación dá continuidade a unha serie editorial que se iniciou o ano pasado, cun volume que recollía  80 entradas -fotografía e historia familiar –. Esta segunda entrega, documenta outras 90 - co mesmo formato -.  O proxecto está coordinado polo profesor de Historia Gaspar Méndez.

Maite Ferreiro sinalou “o interese deste tipo de proxectos que reforzan os coñecementos adquiridos nas aulas e que propician que o alumnado reflexione sobre o papel das persoas no devir histórico”.