Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo

Maite Ferreiro inaugurou a exposición “Contornos”, con 72 pezas de tornería seleccionadas no Encontro Internacional de Xermade

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Maite Ferreiro
cultura
TORNERÍA
CONTORNOS
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Exposición

O Museo de Lugo acolle a exposición “Contornos”, con 72 pezas elaboradas por artesáns do torneado con distintas técnicas e madeiras, e cunha grande variedade de acabados, que extenden os límites deste oficio artesán tan lonxe como chegue a imaxinación do torneiro.

A mostra é unha escolma das máis de 600 pezas que se expuxeron o pasado mes de setembro no XXIII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade. A organización deste evento organiza cada ano unha exposición que leva por diferentes espazos culturais de Galiza.

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro asistiu á inauguración da mostra que poderá verse na última planta do Museo de Lugo ata o vindeiro 15 de xuño.