Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora co Festival Osa do Mar, os días 1 e 2 de setembro en Burela

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
ÁREA DE MOCIDADE
DANIEL GARCÍA
OSA DO MAR
Burela
FANTO FANTINI

A área de Medio Rural, Mar e Mocidade colabora un ano máis coa Asociación Cultural Fanto Fantini na organización do Osa do Mar, que se celebrará en Burela os días 1 e 2 de setembro e que presentou o cartel da nova edición este venres.

Ángel Stanich, Bala&Lúa Mosquetera, Caamaño&Ameixeiras, Catuxa Salom, Carlangas, Eme DJ, Fillas de Cassandra, Grande Osso, Juno, La Paloma, Medio Quinhón, Óscar Fedez&Leo Salinas, Sexy Zebras, Shego, Xoel López e Batuko Tabanka completan o programa do festival que mantén a aposta por bandas galegas emerxentes xunto a nomes consolidados no panorama indie estatal.

Osa do Mar 2023

 

Na presentación, o deputado Daniel García subliñou “que o Osa do Mar xurde e que se mantén como unha iniciativa do tecido asociativo local, da Asociación Cultural Fanto Fantini,  algo pouco habitual no mapa de festivais. Para a Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo é prioritario dar apoio ás propostas do asociacionismo e á xente que está detrás delas, e facelo de xeito estable e continuado para que poidan traballar con certezas”.

Tamén valorou “a aposta que fan polas bandas galegas e a música en galego, moi presente  no cartel deste ano. Seguimos precisando ampliar  os escenarios e os altofalantes para as nosas artistas e para a nosa lingua”.

A área de Medio Rural, Mar e Mocidade achega 12.000 euros á organización do Osa do Mar.