Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación programa 18 de proxeccións de cine en galego ao aire libre

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
IRIA CASTRO
CINE AO AIRE LIBRE
CINE EN GALEGO
MATRIA
AS BESTAS
SICA
Fotograma da película "Matria"
San Román de Cervantes e  Ferreira do Valadouro acollen os primeiros pases o venres e o sábado

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ciclo de cine con proxeccións ao aire libre que chegarán a dezaoito concellos.  As Bestas (Rodrigo Sorogoyen, 2022), Matria (Álvaro Gago, 2023) e Sica (Carla Subirana, 2023) son os filmes que se poderán ver con este programa que pretende ampliar a difusión do cine en galego.

O Saviñao, Cervantes, O Valadouro, Lourenzá, Muras, O Corgo, Carballedo, Navia de Suarna, O Vicedo, Outeiro de Rei, Riotorto, Meira, Taboada, Vilalba, Ribeira de Piquín, Castro de Rei, Pantón, Castroverde e Ourol son os concellos que acollen as proxeccións, programadas en colaboración con asociacións culturais e veciñais.

A deputada de Cultura Iria Castro sinalou que “a través deste ciclo achegamos o cine en galego non só ás vilas e capitais de comarca senón tamén a parroquias e localidades máis pequenas, cumprindo cunha das premisas coas que traballamos desde á área de Cultura, que é levar propostas culturais de calidade e en galego ao todo o territorio, contribuíndo a ampliar a axenda que preparan os concellos e as asociacións culturais”.

O ciclo de cine na rúa complementa outras accións para reforzar o galego no audiovisual que  desenvolve a área de Cultura como o Ciclo Mestre Mateo, organizado en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, co que se están a proxectar as longametraxes finalistas dos premios Mestre Mateo en Chantada, Vilalba, Foz, A Pobra do Brollón, Sarria, Fonsagrada, Becerreá e Meira.


SICA | CERVANTES
Venres 4 de agosto | 22:00h | Patio do colexio, San Román

AS BESTAS | O VALADOURO
Sábado, 5 de agosto | 22.15 horas | Praza de Santa María, Ferreira

MATRIA | LOURENZÁ
Mércores, 9 de agosto | 22.00 horas | Campo dos Bolos

AS BESTAS I MURAS
Venres, 11 de agosto I 22:00 horas I Área Recreativa da Veiga

MATRIA l O CORGO
Domingo, 13 de agosto I 22.00 horas I Pista multideporte de Cela

AS BESTAS l CARBALLEDO
Luns, 14 de agosto I 22.00 horas I Campo da feira de Castro

MATRIA I NAVIA DE SUARNA
Xoves, 17 de agosto I 22.00 horas I Praza do Chao da Torre

AS BESTAS l O VICEDO
Venres, 18 de agosto I 22.00 horas I Explanada de Area Grande

AS BESTAS l OUTEIRO DE REI
Sábado, 19 de agosto I 21.45 horas I Campo da festa de Martul

MATRIA I RIOTORTO
Sábado, 19 de agosto I 22.00 horas I Campo da festa de Santa Comba de Órrea

MATRIA I MEIRA
Martes, 22 de agosto I 22.00 horas I Praza do Convento

SICA I TABOADA
Xoves, 24 de agosto I 21.30 horas I Alameda

SICA I VILALBA
Xoves, 24 de agosto I 22.00 horas I Parque Rosalía de Castro

AS BESTAS I RIBEIRA DE PIQUÍN
Venres, 25 de agosto I 21.30 horas I Área recreativa do Chao do Pousadoiro

AS BESTAS I CASTRO DE REI
Sábado, 26 de agosto I 22.00 horas I Campo de feira de Castro de Rei

AS BESTAS I PANTÓN
Sábado, 26 de agosto I 22.00 horas I Aira da Rectoral

MATRIA I CASTROVERDE
Venres, 1 de setembro I 22.00 horas I Campo da festa de Montecubeiro

AS BESTAS I OUROL
Sábado, 2 de setembro I 21:30 horas I Aparcamento do Local Social de Bravos