Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo

Daniel García participou na presentación do cartel das San Lucas, de Xosé Vizoso

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
SAN LUCAS
XOSÉ VIZOSO
DANIEL GARCÍA

O deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade Daniel García participou esta tarde, xunto á Asociación Cultural As San Lucas e representantes do Concello de Mondoñedo, na presentación do cartel da 867 edición das San Lucas, obra de Xosé Vizoso.

A descuberta do deseño fíxose na Fonte Vella, que viu medrar e adquirir a súa personalidade artística a Xosé Vizoso, que naceu nunha casa a escasos metros deste lugar emblemático de Mondoñedo.

Daniel García sinalou que “contar con un cartel de Xosé Vizoso é a mellor carta de presentación posible para unha festa tradicional e icónica como as San Lucas e fala, sobre todo, da xenerosidade do artista que coa súa creatividade ven contribuíndo a dar relevancia e continuidade dunha tradición secular””.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organizacion das San Lucas, que se celebrarán do 17 ao 22 de outubro, cunha achega de 20.000 euros.