Cultura
Deputación de Lugo

As artistas lucenses Concetta Montenegro e Luisa Paz amosan a súa obra no marco do proxecto 278,81% de sabedoría da Rede Museística Provincial

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
IRIA CASTRO
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
CONCETTA MONTENEGRO
LUISA PAZ
ENVELLECEMENTO
SABEDORÍA
MUSEOLOXÍA SOCIAL
Iria Castro inaugurou este mediodía a mostra, que pode verse na Sala de Exposicíons do Pazo de San  Marcos

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle desde este martes a mostra “Re” coñecer,  que incorpora obras das artistas lucenses Concetta MontenegroLuisa Paz

A exposición, que  forma parte do proxecto “278,81 % de sabedoría” da Rede Museística Provincial, amosa as obras e recoñece a traxectoria das artistas, dúas irmás que pintan desde nenas e sempre compatibilizaron seu traballo coa formación en pintura. 

A deputada de Cultura Iria Castro sinalou que “a mostra se encadra na aposta pola museoloxía social da Rede Museística Provincial, que pon as persoas no centro da súa programación artística e cultural” e valorou "a traxectoria das artistas como un verdadeiro exemplo de integración da arte ao longo da vida", agradecendo a "súa colaboración co proxecto 278,81 % de sabedoría que reflexiona sobre a forma na que se concibe a vellez”.

278,81 % de sabedoría

O proxecto  “278,81% de sabedoría” pretende poñer en valor a acumulación de vivencias, coñecementos e experiencias que teñen as  persoas maiores de 64 anos a través da arte e da creación cultural.

Tomando como referencia o  índice de envellecemento poboacional da provincia, o proxecto  convida a deterse sobre este dato estatístico destacando a sabedoría que acumula o tecido social.

“Desde a Rede Museística poñemos a vellez no lugar que lle corresponde  como tesouro de coñecementos acumulados, unha riqueza intanxible que merece ser valorada e compartida. Como bibliotecas vivas da nosa historia que teñen moito legado que deixarnos, a súa sabedoría a súa experiencia”, sinalou a xerente da Rede Museística Encarna Lago.

Nese marco, tras a inauguración da mostra, presentouse un novo capítulo da web serie documental “Historias soterradas. Ronsel de futuro”, dirixida por Rubén Pérez Pombo e Brian Rodríguez Cortiñas, co título “A mirada dos sentidos”.

Presentación mañá no Museo do Mar de San Cibrao

As actividades continuarán mañá -30 de agosto- no Museo do Mar de San Cibrao cunha xornada de convivencia interxeneracional na que participarán integrantes do club senior a rapazada que participou nas actividades de verán do museo cervense. Durante a xornada, estrearase outro capítulo da web serie documental, titulado “As mulleres do mar” que ten como protagonistas as mulleres que veñen colaborando e participando durante os últimos anos nas iniciativas do Museo do Mar.