Cultura
Deputación de Lugo

Proxección en Lugo do documental Xove Democracia Nuclear

cultura
Xove Democracia Nuclear
EFRÉN CASTRO
IRIA CASTRO
Maite Ferreiro
Pedro Lechuga

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a proxección de “Xove, Democracia Nuclear”, sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio mariñao nos anos setenta.  A proxección en Lugo fai parte dun ciclo co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo está a colaborar na difusión do audiovisual, dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga, que contou co apoio da Asociación de Prensa de Lugo.

Pedro Lechuga e membros do seu equipo, a produtora Brizna, participaron na presentación e nun coloquio posterior, coas intervencións dos exdirixentes de Comisións Labregas Emilio López  “Milucho” e Mariña Rodríguez,  que participaron nas mobilizacións e cuxos testemuños se inclúen no documental, xunto a unha ducia de persoas que viviron en primeira persoa un momento histórico na loita ecoloxista e nacionalista.