Cultura
Deputación de Lugo

A Festa do Caldo de Ósos propón unha "viaxe pola paisaxe cultural de Taboada" cunha vintena de actividades arredor da degustación da receita tradicional

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
gastronomía
caldo de ósos
Taboada
Efrén Castro participou na presentación do programa, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este luns na presentación do programa da Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que se celebrará os vindeiros 10 e 11 de febreiro coa colaboración da área de Cultura. 

Na súa intervención no acto, o responsábel provincial valorou a aposta do concello "por renovar esta festa gastronómica cunha programación que pon en valor a receita tradicional e os produtos, destacando a compoñente cultural e patrimonial que hai detrás deste acervo culinario"

O concelleiro de Cultura Manuel Diéguez e a coordinadora do programa Noa López debullaron as actividades organizadas para a 32 edición da Festa, que inaugurará o pregón do xornalista e divulgador cultural Manolo Gago