Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación lanza unha nova edición do Tradigalu, que achegará a música tradicional e popular a toda a provincia

TRADIGALU
música tradicional
IRIA CASTRO
O programa financiou máis de 250 actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais o ano pasado

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición de Tradigalu, que levará actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais polas distintas comarcas ata final de ano.

O programa, que conta cun orzamento de 250.000 euros, ten como principal obxectivo promover e difundir a música popular e tradicional, incluíndoa nas programacións de asociacións e concellos.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “ademais de supoñer unha vía de colaboración cos colectivos culturais e o asociacionismo, o programa xenera unha actividade importante para as agrupacións de música tradicional, que teñen un papel fundamental na conservación do noso patrimonio musical”

Iria Castro lembrou que “o ano pasado, Tradigalu permitiu programar máis de 250 actuacións, chegando a medio cento de concellos e converténdose nunha das principais vías de apoio á celebración de festas e celebracións populares nas aldeas e parroquias das distintas comarcas, desde festas patronais ata foliadas, polavilas ou magostos”.

As asociacións e colectivos interesados en participar no programa poden consultar as bases na web cultura.deputacionlugo.gal e trasladar as súas demandas a área de Cultura a través do enderezo electrónico cultura@deputacionlugo.gal. A área de Cultura asume o 80 por cento do custo da actuación. Asociacións e concellos deben aboar aos grupos o 20 por cento restante.

Na confección do calendario de actuacións,  a área de Cultura buscará chegar a todas as comarcas, evitando a concentración en puntos concretos e prestando especial atención á conservación e fomento das tradicións.

Iria Castro - Tradigalu