O Museo de Lugo celebra o Día da Escultura coa visita de escolares e usuarios de asociacións
O Museo Provincial de Lugo celebrou este mércores o Día da Escultura coa visita de 130 escolares e beneficiarios de asociacións lucenses ás imaxes que se atopan no espazo da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Entre as esculturas visitadas, o estudantado e os usuarios e usuarias coñeceron o traballo de Francisco Asorey, recoñecido co Día das Artes Galegas 2024, coas días obras que se atopan no museo: Ofrenda a San Ramón e San Francisco de Asis.