O Museo de Lugo recibiu 23 bens culturais a través de doazóns no que vai de ano
A institución provincial agradece a xenerosidade e confianza das persoas e entidades que ceden a as súas obras
O Museo Provincial de Lugo incorporou dous novos cadros do pintor Xosé López Guntín (Vilalba, 1929-Lugo,1996). Trátase de dous retratos en óleo sobre lenzo de cedidos por particulares que amplían a representación de obras do pintor vilalbés nos fondos do Museo Provincial de Lugo, que conta así con 13 obras da súa autoría, a maioría retratos - un xénero polo que foi especialmente recoñecido e apreciado-, mais tamén composicións que representan escenas de costumes e tradicións, particularmente na provincia de Lugo.
A doazón destes dous cadros sitúa en 23 o número total de bens culturais recibidos polo Museo Provincial a través de doazóns no que vai de ano.
O Museo Provincial de Lugo agradece a xenerosidade das persoas e entidades doantes, que amplían os fondos da institución e depositan a súa confianza na súa labor de conservación, estudo e divulgación.
A continuación, detallamos as obras recibidas polo Museo Provincial en 2014:
Belas Artes. mpl:
• “Samos”, de Leopoldo Nóvoa. Técnica mixta e pizarra. 1993.
• 15 obras da serie “VOCES”, de Alicia Benítez. Acrílicos e tintas de tea sobre lenzo sen bastidor. 2010 e 2016.
• “Retrato de D. Antolín Sánchez Vieites”, de López Guntín. Óleo sobre lenzo. 1966.
• “Retrato de Dª Isidra Vázquez Molezún”, de López Guntín. Óleo sobre lenzo. 1966.
Etnografía e Artes Decorativas. mpl:
• Unha fiadora de madeira.
• Tres fusos.
• Un cardador de liño de madeira e ferro.
Estas 5 pezas etnográficas proceden do Concello de Baralla e están datadas ca. 1ª ½ do s. XX.
Movemento de fondos museográficos
As doazóns supoñen, xunto aos depósitos e as adquisicións, unha das fontes de ampliación e renovación dos fondos museográficos máis destacadas. En 2023, o Museo Provincial de Lugo incorporou 88 bens culturais, a través de diferentes fórmulas, destacando as dezaseis obras de Tino Grandío depositadas por Rosendo Figueroa Dorrego, que propiciaron a creación dunha sala monográfica sobre o pintor.