Cultura
Deputación de Lugo

O Museo de Lugo inaugura unha exposición que complementa as Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Lucense

Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Lucense
MUSEO DE LUGO
Pode visitarse na sección de Prehistoria e Arqueoloxía do museo provincial ata o 31 de maio

O Museo Provincial de Lugo inaugura unha exposición con material divulgativo e explicativo sobre o patrimonio arqueolóxico, conservado no museo, vinculado coas villae romanas. A realización desta mostra ten como obxectivos complementar as “VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense”, divulgar esta parte concreta do patrimonio arqueolóxico custodiado no MPL e aportar coñecemento e información rigorosa de xeito aberto, inclusivo e gratuíto.

A través de paneis con textos actualizados, fotografías ou debuxos documéntase e amósase, temporalmente, unha escolma de pezas representativas do material custodiado nas zonas de reserva, que se situará a carón das vitrinas da colección estable onde se expoñen pezas arqueolóxicas procedentes de villae lucenses.

Amósanse materiais dos xacementos de San Vicente de Castillón (Pantón), Vilar da Graña (Roupar, Xermade), Area (San Xiao de Faro, Viveiro), Sta María de Proendos (Sober), Quintá (San Vicente da Grade, Chantada) e Agro de Parapar (Barbaín, Lugo); algúns deles expostos ao público por vez primeira, como un fragmento de estuco procedente da villae marítima de Area (Viveiro), dous chocallos achados en Proendos (Sober) e un ponderal de 40 libras, de Castillón (Pantón).

A mostra, na que se inclúen pezas nunca expostas ao público, pode visitarse ata o 31 de maio na sección de Prehistoria e Arqueoloxía do museo provincial e está comisariada por Enrique Alcorta, Aurelia Balseiro e M.ª Ofelia Carnero.

As xornadas
As inscricións neste programa, que pode ser presencial ou en liña, xa están abertas. Está dirixido á comunidade científica pero tamén a todos os interesados no tema, estudantes, afeccionados, traballadores de museos, coleccionistas, docentes ou guías turísticos. A participación na xornada require inscrición previa a través do formulario dispoñible na web  www.redemuseisticaluga.org ata o día previo ao inicio das xornadas, o 4 de abril. Para obter o diploma acreditativo, será preciso asistir ao 75% das sesións. 

Exposición Xornadas

Programa

Sábado, 5 de abril
  9.30h Acreditación asistentes
  9.45h Presentación oficial
10.00h Modelos de poboamento rural romano. Indicadores arqueolóxicos para o estudo das villae romanas de Asturias (Carmen Fernández Ochoa. Universidade Autónoma de Madrid)
11.00h As villae maritimae da Gallaecia: arquitectura e funcionalidade (Fermín Pérez Losada. Universidade de Vigo)
12.30h Aproximación aos espazos culinarios das villae da Gallaecia (Adolfo Fernández Fernández. Universidade de Vigo)
13.30h Produción e consumo alimenticio nas vilas romanas do noroeste ibérico: o rexistro
bioarqueolóxico (Carlos Fernández Rodríguez. Universidade de León)
14.30h Debate-coloquio

17.00h Implantación da arquitectura romana entre o Eo e o Sella. As vilas e os seus antecedentes en espazos castrexos (Carmen Fernández Ochoa, Universidade Autónoma de Madrid, e Ángel Villa Valdés, Museo Arqueolóxico de Asturias)
18.00h Mesa redonda: “Pasado, presente e futuro das villae galegas. Estratexias, oportunidades e desafíos” (Dolores Dopico, Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Alonso Toucido, Proendos, e Luís F. López González, A Grade)
19.00 h Visita técnica comentada á exposición: “As villae lucenses no MPL. Cultura material” Comisarios da mostra: Enrique Alcorta, Aurelia Balseiro e Mª Ofelia Carnero


Domingo, 6 de abril
10.00h As vilas romanas na Provincia de León. Actuacións arqueolóxicas e socialización (Eduardo Ramil Rego. Universidade de León)
11.00h Museo das Villas Romanas de Almenara de Adaja-Puras, un caso de xestión (Laura Martín Ramos. Museo de las Villas Romanas de Almenara de Adaja-Puras)
12:00h Debate-coloquio
13.15h Actividade práctica: “Aproximación ao coñecemento da cerámica romana” (Eduardo Ramil Rego, Universidade de León, coa colaboración do Departamento de Arqueoloxía do Museo Provincial de Lugo)
14.30h Clausura