Cultura
Deputación de Lugo

Obradoiro de Fotografía a Cegas

Fotografía a cegas
Sala de Exposicións
rede museística

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolleu este sábado unha nova sesión de Fotografía a Cegas, unha iniciativa que a Rede Museística Provincial de Lugo ven desenvolvendo desde hai 13 anos, ofrecendo ás persoas con visión reducida a posiblidade de achegarse á fotografía dende a percepción sensorial, empregando disciplinas como a danza, a música ou o deporte como expresión corporal. Bárbara Faustino e Ariel Rodríguez foron as persoas encargadas de impartir o obradoiro,  baixo o título "Sinestesia. Danzar a imaxinación, bailar o mundo".