Iria Castro participou na presentación do Curso de Primavera Pegadas no muro, sobre a arte urbana

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
IRIA CASTRO
ARTE URBANA
Lugo Cultural
As iniciativas de promoción da arte urbana desenvolvidas pola área de Cultura exporanse mañá nunha mesa redonda na que participarán Diego AS, Yoe 33 ou May Rojas

A deputada de Cultura Iria Castro participou esta mañá na inauguración do Curso de Primavera, que se desenvolve desde hoxe ata o venres na Facultade de Humanidades, baixo o epígrafe “Pegadas no muro: Relatos e proxectos de arte urbana”. Diego AS, Yoe 33, May Rojas, Pía Piadosa ou Asunción Moreno participarán no curso, coordinado por Miriam Elena Cortés López e Patricia Cupeiro López, xunto con outros 30 artistas, expertos e investigadores

No acto Iria Castro parabenizou ás coordinadoras do curso, unha iniciativa “innovadora e atractiva”, que contribúe a proxectar Lugo como unha cidade de referencia para a arte urbana,  con murais e artistas recoñecidas en Galiza e internacionalmente, e agora tamén como materia de estudo no ámbito académico”.

A deputada de Cultura é a concelleira de Cultura Maite Ferreiro participarán mañá xoves na mesa redonda “Arte urbana. Tecendo redes” na que exporá as iniciativas promovidas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e polo área de Cultura do Concello de Lugo no ámbito da arte urbana.  O venres, a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro impartirá a conferencia “Arte urbana e muralismo galego. Consolidación e recoñecemento”.