Os Xardíns da Deputación acollerán o 3 maio o festival gastronómico e cultural Nos seus pés, a favor das persoas refuxiadas
Os Xardíns da Deputación de Lugo acollerán o vindeiro 3 de maio o festival solidario “Nos seus pés”, organizado polo cociñeiro lucense Álvaro Villasante e o grupo Nove coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Trátase dun evento gastronómico e cultural a favor das persoas refuxiadas, que buscar recoller fonos para a oenegué ProemAID, centrada no rescate e na atención a persoas en risco no mar. Recoñecidas cociñeiras e cociñeiros galegos, a comezar polo chef lucense, participarán no festival, que mesturará a gastronomìa con música en directo e intervencións artísticas.
Os primeiros detalles do programa avanzaranse nun acto que se desenvolverá este domingo no Restaurante Paprica (11.30 horas), no que se proxectará o documental “24 millas”, dirixido por Asier García e Unax Blanco, que recolle o primeiro rescate no Mediterráneo realizado por ProemAID, no ano 2017.