Iria Castro participou na entrega de premios da Olimpíada Galega de Economía, que conta co apoio da Vicepresidencia
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este venres á entrega de premios da XIV Olimpíada Galega de Economía, na que participan estudantes da materia de Economía en Bacharelato, que se celebrou na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora con esta cita, fase local da Olimpíada Española, a través da entrega dun lote de libros para o estudantado que participou na proba.
As estudantes e o estudante cas tres mellores cualificacións - de dous institutos ourensás e dun centro compostelán- representarán as universidades galegas na final estatal que se celebrará na Universidade da Rioja entre o 19 e o 21 de xuño.