Cultura
Deputación de Lugo

Comeza a conta atrás do festival Nos seus pés, que se celebra co apoio da Vicepresidencia

Nos seus pés
EFRÉN CASTRO
Grupo Nove
cultura

Juan M. Crujeiras, Daniel Guzmán, Héctor López, Lucía Freitas, Javier Olleros, Iñaki Bretal, Javier Ponte, Javier González ou Xosé Magalhaes acompañarán a Alvaro Villasante na cociña do festival gastronómico e cultural “Nos seus pés”, que se celebrará o vindeiro 3 de maio nos Xardíns da Deputación de Lugo.

O evento, organizado polo chef lucense e o grupo Nove coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación, busca recoller fondos para a oenegué ProemAID, centrada no rescate e na atención a persoas en risco no mar.

Nós seus pés, que se ven celebrando en distintas localidades de Galiza co impulso de recoñecidos chefs, incluirá tamén música en directo e intervencións artísticas.

A conta atrás comezou este domingo cunha foto simbólica a carón da estatua de Castelao, na Rúa Raíña de Lugo, na que participaron o vicepresidente da Deputación Efrén Castro e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas de Lugo Alex Penas.

A continuación, proxectouse o documental “24 millas”, dirixido por Asier García e Unax Blanco, que  recolle o primeiro rescate no Mediterráneo realizado por ProemAID, no ano 2017, no Restaurante Paprica.