Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación programa unha conferencia sobre permacultura da man da Universidade de Santiago

LUGAR DE REQUE
artesanía
PERMACULTURA

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, organiza unha conferencia sobre a permacultura o mércores 24 de abril na Escola Politécnica Superior. Alexandre Grande será o relator e guía desta actividade que ten como título “Reconexión, rexeneración e resilencia. Unha visión permacultural actualizada”, posteriormente presentarase a segunda edición do libro “Permacultura: unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor”. O programa, que comezará ás 16:30 horas, está previsto que remate cunha visita guiada ao Lugar de Reque, espazo xestionado pola Vicepresidencia.

Ademais da conferencia e visita guiada, nestes días a  Vicepresidencia entregará a todas as bibliotecas da provincia, un exemplar da referida publicación  que ofrece unha visión global da permacultura e  que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor, incluíndo a presentación de proxectos galegos baseados nos principios permaculturais e que nos propoñen respostas reais e viables a crise ecolóxica e sistémica mundial.

Lugar de Reque