Cultura
Deputación de Lugo

San Paio de Narla acolle a presentación do poemario Fuego la sed de María Sánchez

IRIA CASTRO
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
Fortaleza San Paio de Narla

A deputada de Cultura Iria Castro participou no poemario "Fuego la sed" de María Sánchez no Museo Fortaleza San Paio de Narla, unha actividade que iniciou as actividades de verán da Rede Museística Provincial.

A escritora cordobesa, afincada na Ribeira Sacra, expuxo na presentación o seu compromiso coa defensa da cultura rural, o feminismo e a conservación do territorio, que reflicte tamén a súa escrita.

María Sánchez mantén a súa relación coa Rede Museística tras a residencia poética "Escrita no remoto" que protagonizou o ano pasado no Pazo de Tor, promovida pola Rede e a Fundación Uxío Novoneyra.