Cultura
Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle o xoves unha conferencia sobre a “Sibila” no proceso creativo de Velázquez

sibila
Velázquez
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

O Museo Provincial de Lugo, con motivo da exposición de “Sibila” de Velázquez, puxo en marcha actividades paralelas entre as que se atopan conferencias centradas na obra do artista andaluz. O xoves, 27 de xuño, terá lugar a conferencia do técnico do Museo Nacional do Prado Jaime García-Máiquez ás 19 horas baixo o título “Técnica do xenio. A Sibila dentro do proceso creativo de Velázquez”. O acto finalmente celebrarase no Salón de Actos do Pazo de San Marcos

Esta actividade súmase á testemuña “O Museo Nacional do Prado en Lugo. Os proxectos Prado Estendido e A arte que conecta” de Víctor Cageao Santacruz, Coordinador Xeral de Conservación do Museo Nacional del Prado, que se celebrou coa chegada da obra a Lugo.

Ademais, e debido á demanda suscitada pola obra, durante as semanas nas que “Sibila” está en Lugo, o Museo Provincial ofrece visitas técnicas guiadas á obra de Velázquez os martes e venres ás 12.30 horas a todo o público e baixo reserva previa no enderezo electrónico direccion@museolugo.org ou no teléfono 982.242.112. Configúranse grupos de 25 persoas, como máximo, ou visitas en grupo de 10 persoas máximo.

A obra, un óleo que corresponde a etapa de madurez do mestre do Barroco, exponse ata o 6 de xullo no refectorio do Museo Provincial de Lugo cunha museografía específica, deseñada para facilitar que o público aprecie as cualidades técnicas e artísticas da obra, e para contextualizar o préstamo no marco da relación  que os dous museos manteñen desde hai máis dun século, intensificada nas dúas últimas décadas. 

Jaime García-Máiquez 
García-Máiquez é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Cádiz e traballa na tese doutoral sobre “O viño no Museo del Prado”. O investigador é o supervisor de traslados de obras do Museo del Prado a exposicións temporais no Estado e a nivel internacional. Conta con un gran número de publicacións centradas na técnica dos grandes mestres e colabora coas coleccións do Museo del Prado como as de Bosco, El Greco, Tiziano, Velazquez ou Goya. Dende 1997 dedicou o seu traballo á obtención de documentos técnicos e informes sobre o proceso creativo de obras estudadas en diferentes escolas, chegando a estudar máis de 2.000 pinturas da colección do museo madrileño.