Iria Castro entregou os premios as finalistas do certame de debuxo da Tradescola, ao que se presentaron máis de 250 debuxos
A deputada de Cultura Iria Castro entregou os premios ás nenas e nenos finalistas do XI Certame de Debuxo sobre baile e instrumentos de música tradicional, oganizado pola Tradescola coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Á convocatoria, que procura que potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, e axudar a que coñezan os instrumentos e o baile tradicional, presentáronse máis 250 debuxos realizados por nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro de primaria de centros de toda a provincia, entre os que se seleccionaron dez finalistas:
Lucía González Manova – 2º - CEIP Illa Verde (Lugo)
Gonzalo José Rodríguez Vázquez – 3º CEIP A Pontenova
Álida Reynoso Lobato – 3º CEIP Menendez Pelayo (Lugo)
Noa López Blanco – 3º_ CEIP Rosalía de Castro (Lugo)
Icía Castro Valcarcel – 2ª – CEIP A Ponte (Lugo)
Andrea Regueiro Rey – 3º CEIP Menendez Pelayo (Lugo)
Martina Turrión Peinado – 1º CEIP O Cantel (Foz)
Joaquín Avila Fiero – 2º - CEIP Rosalía de Castro (Mosteiro – Pol)
Gonzalo Porto Ingerto – 3º CEIP Plurilingüe O Corgo
Alba Otero Fidalgo – 2º CEIP CEIP Menendez Pelayo (Lugo)
E un debuxo gañador , o de Álida Reynoso Lobato (CEIP Menendez Pelayo de Lugo) que, entre outros agasallos, disfrutará cos seus compañeiros dun concerto didáctico de música tradicional da Tradescola no seu centro educativo no vindeiro curso.
O certame de debuxo é parte das actividades que a escola de música tradicional da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desenvolve ao longo do ano no eido da formación e da divulgación da música tradicional. Ademais, a Tradescola imparte aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ás que este curso asistiron máis de 300 alumnas e alumnos.