O Museo de San Paio de Narla acolle unha representación da escola de teatro Palimoco Teatro
O Museo de San Paio de Narla, en Friol, acolleu esta tarde unha representación teatral protagonizada por unha vintena de rapazas e rapaces da escola de teatro Palimoco Teatro. Dirixidas por Paloma Lugilde, as participantes recrearon o asalto ao castelo durante a revolta irmandiña, cun guión creada durante a súa estancia no museo provincial, no que pasaron as últimas 36 horas -noite incluída - impregnándose da atmosfera do espazo e coñecendo a historia das distintas salas e pezas. Ademais do exercicio creativo, a actividade procura a reflexión sobre o papel que as mobilizacións sociais tiveron e poden ter no devir histórico.