Cultura
Deputación de Lugo

Un catálogo e a obra Todo é ilusión amplían a pegada do proxecto Historia do Futuro de Pamen Pereira e Che Marchesi no Pazó de Tor

REDE MUSEISTICA PROVINCIAL
PAZO DE TOR
IRIA CASTRO

O Pazo de Tor acolleu a presentación do catálogo da exposición “Historia do futuro” de Pamen Pereira e Che Marchesi.

A publicación recolle, a través de fotografías e textos, as nove obras que forman a mostra, resultado da intervención artística dos que os seus  relizaron nas diferentes estancias do Pazo, desde os cuartos das mulleres do servizo ata o cuarto da señora pasando pola capela ou o cuarto no que o poeta Uxío Novoneyra descansaba nas súas visitas ao Pazo, ofrecendo novas formas de achegarse á historia do edificio e das persoas que o habitaron.

Na presentación do catálogo, que inclúe textos do historiador da arte e divulgador Miguel Ángel Cajigal, do poeta  Karlotti Valle e do cofundador e socio da Sociedade Galega de Historia Natural e gaitiro Xan Silvar, a deputada de Cultura Iria Castro e a xerente da Rede Museística Encarna Lago destacaron a fonda pegada que Historia do Futuro deixa en Tor e agradeceron a dedicación e a sensibilidade coa que Pamen Pereira e Che Marchesi afondaron na historia do Pazo creando, a través das súas obras, unha narrativa que nos achega á memoria silenciada dos habitantes que, por razón de clase, identidade sexual, relixión ou orixe quedaron excluídas da historia rexistrada.

Unha das obras, Todo é ilusión, unha instalación de efectos ópticos no armario dos xoguetes do cuarto da nodriza, pasará a formar parte da exposición permanente do Pazo do Tor, ao ser adquirida pola Rede Museística Provincial, que segue ampliando os seus fondos de artistas femininas contemporáneas.