Cultura
Deputación de Lugo

Arranca no Museo Provincial o ciclo Novas Músicas, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación

ciclo Novas Músicas
MÚSICA EXPERIMENTAL
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Os xardíns do Museo Provincial de Lugo acolleron este mércores o primeiro concerto do  ciclo Novas Músicas, organizado pola asociación Tele-Clube e apoiado pola  área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O dúo asturiano Galgo foi o encargado de abrir a nova edición desta proposta que aposta por músicas innovadoras e rupturistas. A deputada de Cultura Iria Castro asistiu ao concerto e animou aos lucenses a asistir ao resto do ciclo  que "permite coñecer bandas diferentes á cidadanía que queira innovar e coñecer novas músicas. Cada ano o programa vai a máis e atrae a máis público aos concertos”.

O ciclo continúa mañá, xoves 18 de xullo, nos xardíns do Pazo de San Marcos, co concerto de Margarida Mariño e o venres, 19 de xullo, con Marta Verde & José Venditti pechará o evento na Capela de Santa María. Todos os concertos son de balde ata completar aforo e celebraranse ás 20:30 horas.