Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do festival Osa do Mar, que se celebra do 6 ao 8 de setembro

OSA DO MAR
Burela
FESTIVAL

O deputado de Mocidade Daniel García participou esta tarde na presentación do festival Osa do Mar, que se celebrará do 6 ao 8 de setembro en Burela co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

No acto, que contou coa actuación do grupo Abril, o responsable provincial valorou a traxectoria do festival que cumpre dez edicións, remarcando "a súa orixe no tecido asociativo, na Asociación Cultural Fanto Fantini" e a aposta por "dar espazo as bandas galegas e a música en galego e tamén a artistas locais"

Neste sentido, explicou que "para a Vicepresidencia da Deputación de Lugo é prioritario dar apoio ás iniciativas do asociacionismo, ligadas ao territorio e á comunidade,  que son as que teñen unha maior pegada cultural e social".

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do festival Osa do Mar desde a primeira edición. Nesta anualidade, a área de Mocidade destina 14.000 á Asociación Cultural Fanto Fantini.