Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora coa organización da Noite Meiga de Sarria, que se presentou este martes no Meigallo

Noite Meiga
Sarria
EFRÉN CASTRO

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou na presentación da Noite Meiga de Sarria, organizada pola asociación Meigas e Trasgos.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis nesta cita,  que xurdiu fai máis de medio século arredor da asociación de música e baile tradicional e que ten como momento máis icónico a danza da Noite Meiga, unha representación ritual arredor da figura mítica das meigas e do poder purificador do lume, o sábado 31 a partir das 1.00 horas.

O vicepresidente da Deputacion de Lugo destacou "a tradición da Noite Meiga, que representa a forza do noso imaxinario mítico" e valorou "a continuidade que Meigas e Trasgos lle deu a esta celebración, mantendo ao mesmo tempo un papel referencial na vida cultural e social de Sarria a partir do baile e da música tradicional"

A noite máis máxica do ano en Sarria comezará coa lectura do pregón, a cargo de Victoria Perez Penela, coa actuación da banda de Meigas e Trasgos, e culminará -tras a danza- coa actuación de Broken Peach.