Presentación da novela gráfica A espada de San Eufrasio en Viñetas desde o Atlántico
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou na presentación da novela gráfica "A espada de San Eufrasio", editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, no marco do Salón Internacional do Cómic da Coruña Viñetas desde o Atlántico que se celebra na cidade do 12 o 18 de agosto. O responsable provincial acompañou ao debuxante Miguel Fernández Vázquez no acto celebrado no Kiosco Alfonso, destacando a implicación do Servizo de Publicacións na edición en galego desta obra que lograra un amplo recoñecemento desde a publicación da súa primeira entrega en castelán, en 2017, por Diábolo Ediciones. A edición en galego recolle nun único volume, de 244 páxinas, as cinco entregas publicadas desta saga ambientada na segunda metade do século XV, nos anos previos á Revolta Irmandiña.