O Museo do Mar acolleu un relatorio sobre a vida dos fareiros no século XIX
O Museo Provincial do Mar acolleu esta tarde un relatorio sobre a vida dos fareiros no século XIX do historiador Enrique Pérez Campoamor, tamén bisneto de José María Pérez, o primeiro fareiro de Illa Pancha (Ribadeo), un dos múltiples destinos que tivo ao longo da súa traxectoria.
O coloquio desenvolveuse no marco do ciclo Encontro de saberes compartidos, co que xa se programaron outros encontros divulgativos como o da historiadora Alba Díaz Geada sobre o protagonismo das mulleres no motín de Cervo de 1892.