Cultura
Deputación de Lugo

Albá celebra Son D’Aldea o 6 e 7 de setembro co apoio da Vicepresidencia da Deputación

son d'aldea
Palas de Rei

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora nunha nova edición do Son D’Aldea que terá lugar o 6 e 7 de setembro en Albá, en Palas de Rei. A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación da cita na que a área provincial colabora, a través do Servizo de Publicacións, na edición do libro “A Despedida”, que recolle o traballo realizado na anterior edición do festival.

Castro destacou a importancia desta cita que “recupera as tradicións e promove o uso o galego de Palas de Rei e da zona, por esta razón colaboramos coa edición do libro que permite gardar testemuña do Son d’Aldea pero tamén da lingua. Ademais achegamos a nosa música co concerto de Sheila Patricia, que o sábado soará a partir das 19.30h.”