Rural inaugura unha formación para gandeiros e gandeiras de leite ecolóxica
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo inaugurou a segunda xornada formativa organizada xunto á Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia, dentro da programación da presente anualidade. A deputada Iria Castro foi a encargada de abrir este curso co título “Enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) nunha granxa de vacún ecolóxico”, no que se forman unha trintena de gandeiros e gandeiras da provincia de Lugo. Esta formación vén a completar o curso sobre as Novidades da PAC 2024-2025 impartido a pasada semana. Así mesmo, permite ás ganderías ecolóxicas da provincia recibir de primeira man información sobre esta epizootía que está espallándose e avanzando polas diferentes comarcas de toda a provincia.